sábado, noviembre 17, 2007


Mañán, domingo 18 ás 11h dende a "Estación de Autobuses de Pontevedra" a asociación ecoloxista Vaipolorío, propón unha saida micolóxica polo río Gafos co fin de seguir completando o catálogo de cogumelos do río Gafos que se comezou a facer na tempada anterior,
estará dirixida polo micólogo Jaime Blanco que recollerá soamente os especimenes que cientificamente se precisen para incluir no catálogo científico que se está facendo para publicar logo a guía deste ecosistema onde se incluirán as fotos de cada un dos cogumelos que se incorporen.
A actividade e totalmente gratuita para todo o público interesado no tema, a razon de publicitar a saida no foro é a idea que temos en vaipolorío de que as fotos do futuro catálogo ademais do rigor científico marquen tamén ese perfil artístico que todos buscamos.
Ás persoas que asistan ademais da axuda na localización de cogumelos tamén lles indicaremos como colaborar coas fotos para que figuren os seus nomes na publicación.
¡Vemonos no río!. Saúdos Amancio.

5 comentarios:

Amancio dijo...

Esqueceuseme por que a actividade remata ao rededor da unha da tarde. Amancio

Victoria Garrido dijo...

gracias por avisar, aunque no he podido ir; de todas formas este año hay problemas con los cogumelos ya que hay sequia, no?.

Y a partir de ahora si necesitaseis mas apoyo para fotografiar estare encantada pq me voy a pillar, espero que estos dias, el macro 105 de nikon y tengo muchas ganas de probarlo.

saludos

jose luis dijo...

Amancio que juapo sales no diario de pontevedra do luns.

Amancio dijo...

Foi o fotografo do diario, colleunos en plena faena, estabamos unhas 15 persoas. Con camara con macro uns catro.

Amancio dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.