Alá vai a miña contribución para o concurso da foto do mes. Este ano o outono vai retrasado e aínda se poden conseguir moi boas fotos dos bosques con ese cambio de colores tan propio deste tempo, iso si hai que saír da capital, que aquí só hai plátanos. Os carballos e castiñeiros hai que buscalos polo rural.
Só me queda unha interrogante para resolver: entre todos ¿daremos botado das rochas a ese pescador que leva meses aturando sol, vento, choiva, frío, temporais... sen acabar de encher o cesto de peixes?
No hay comentarios:
Publicar un comentario