martes, enero 01, 2008


Neste ano que comenza espero que a tolerancia e o respecto non se confundan co puritanismo desfasado, a estas alturas de século sorprendeme que ainda non se teñan superadas certas cuestións, e mais no mundo no que nos movemos, onde as imaxes de todo xénero son tan suficientemente subxectivas como para coartarse á hora da súa expresión. Si Dalí, por poñer un exemplo, pensara astes de expor algunha das súas obras que con elas ía ofender, e polo tanto non facelas públicas, pois seguro que non descubririamos o xenio vanguardista, e como el un exercito de creadores que coa provocación fan mover mentes e conciencias. E evidente que non e unha comparación artística ao que me refiro se non ao concepto da tolerancia e superación de prexuizos.
Me gusta o debate, a crítica e certo grao de provocación, porque con elo se fomenta a participación e o interés, por eso penso que o foro debería estar aberto a todo o mundo para que participase dende calquera rincon do planeta e así enriquecer, discutir e aprender das distintas sensibilidades. Da forma que temos enfocado o foro, pechado e reducido non lle vexo un futuro enriquecedor, mais ben e algo de andar por casa, baixo a mesa camilla, reduccionista e cunha premisa de pedigrí provinciano. Supoño que algún pensaredes que estes temas mellor tratalos nas xuntanzas semanais, pero eu son da opinion de que este medio e un bo recurso para o debate, con transparencia e sen medos infundados. É unha reflexión para o debate, e non sempre podemos acudir os martes ás xuntanzas, pero si mirar a menudo o foro.
Ben, non me extendo mais, ainda que non por falta de ganas e argumentos con respecto a miña anterior publicación e certos comentarios, pero neste caso vou ser prudente, aínda teño que situarme.
A discrepancia, o gusto, a coincidencia, a crítica... non son motivos de fractura se non que deben ser ferramentas de aprendizaxe.
Saúdos e que os reis, quen crea neles, sexan xenerosos.

5 comentarios:

Victoria Garrido dijo...

Yo contesto desde el foro, pq ir al local me es complicado. Creo que este año ya se ha mejorado bastante en la Asociación desde que yo la conozco, con los cursos de técnica, estudio de fotógrafos..., pero haría falta más opinión crítica, que no tiene pq herir a nadie; y con respecto al Calendario de este año, ya creo que estamos más o menos de acuerdo que hay que esmerarse, y buescar nuevas ideas, que tienen que salir de nosotros no del Concello, como por ejemplo lo de las fotos de gente "reconocida", o desconocida de Pontevedra,hay múltiples de temas de Pontevedra.

Eso si, habria que ir haciéndolo a lo largo del año, proponerlo como objetivo,incluso la idea valdría para venderla a otros organismos diferentes.

Y con respecto al foro, me parece buena idea lo que apunta Amancio, abrir las puertas puede ser enriquecedor, contar con mi apoyo.

Saludos y Feliz año a todos.

MIGUEL IGLESIAS dijo...

Este portal o foro nos sirve para estar unidos durante el resto de la semana, para zanjar temas pendientes, para preguntar cosas sobre la asiciación que gente de fuera ni pincha ni corta. El tema de abrir el foro ya lo habiamos hablado en la sede y llegamos a la conclusión de no abrirlo entre otras cosas para ofrecer a los socios algo más. Para tener un foro abierto tengo miles de ellos en la red, este es de Homo Ludens y nosotros (los socios) tenemos la suerte de poder entrar aquí. Nosotros somos los responsables de enriquecerlo y darle vida.
Teneis foros de fotografía muy interesantes
- ojodigital
- caborian
- canonistas.com
etc....
Yo personalmente me quedo aquí.

Sánchez-Agustino dijo...

Precisamente porque o Foro é aberto, é que estamos a ter estes días este debate.

Outra cousa é que poida escribir calquera. Os motivos son variados:

- Por estes lares abunda xente que só quere torpedear e incordiar. Empezan a escribir mensaxes molestos e a cousa acaba dexenerando. (Eu xa teño experiencia niso, porque son asiduo aos foros, e os que non teñen algún tipo de control acaban pechando)

- Aínda así hai que ter conta do que escriben os propios socios, xa que os directos responsables son os administradores. (Sen ir máis lonxe, o outro día publicouse aquí mesmo un autoretrato suxeito a copyright e a cousa dexenerou en chamarlle trastornado á persoa en cuestión. Sen máis comentarios...)

- Se no foro houbera un nivel elevado de crítica sobre fotografía, podería ser alicerce para que xente que nos coñeza se quixera facer socio de Homo Ludens, xa que está ofertado coma un servizo máis.

- Naceu coma un xeito de nos manter en contacto durante a semana e que a xente que non pode vir a cotío mantivera o vínculo coa asociación, non coma un "Foro Mundial de contacto entre fotógrafos transgresores".

Aínda así deixouse aberto para que a xente á que lle damos a coñecer Homo Ludens puidera ver qué ambiente hai.

Isto é a explicación sobre o novo engadido a o debate.

Sobre o que se refire o anterior penso que vos estades a confundir.

Eu estoulle intentando axudar a Miguel a mirar pola imaxe da Asociación, porque asumín no seu momento a responsabilidade e colaboración que me pediron.

Se a min non me debe parecer mal que se colgue unha foto con determinadas características, a ninguén lle debería de parecer mal que a critique. ¿Ou o problema é que se critique? ¿Pero non quedabamos en que a crítica e a provocación son boas?

Aquí ninguén censurou nada. A imaxe está aí e pode verse. O único que se fixo foi dicir pública e transparentemente o que non gustaba. Outros deron parabéns.

E o, ou a, que vexa puritanismo, é que non ve moi aló.

E para finalizar, dicir o que se di cando estás no bar botando a partida: "os de fora miran e dan tabaco".

Franxo dijo...

Imos ver Rafa, a min non me molesta a crítica fundada e argumentada" pero poñer unha imaxe o 28 de decembro, día dos inocentes e ven identificada co moneco dos inocentes coa intención de dar un toque de humor, paréceme excesivo o comentario de: "Siento decirte Franxo que me parece de muy mal gusto esta entrada en un blog de fotografía abierto a todo el público, o sea el escaparate de homoludens ¿Que pensará la gente de esta asociación?".
(que mala bedette debo ser)
Aí vexo un problema de fondo no autor. Que todos podemos ter deslices puntuais, correcto, é humano. E como ben di o encabezamento do blog entre outras cousas: "...no consintiéndose menciones a terceros en las que se pueda apreciar menosprecio..."

En definitiva, que todo esto debe pasar ó anecdotario da asuciación. Que asumiras o papel corporativista directivo en defensa dun terceiro non sei como calificalo, quizás lealtade incondicional.
Como dicia o outro, "cada can que lama a súa pixa".
Non sei si e correcto poñer esta frase, espero que a inquisición me indulte.
Pola miña parte asunto zanxado, e tabaco para todos?..., menos para os que non fumamos.
Ains, estes da capital como son.
Saúdos cordiais e sentidiño o xusto.

Franxo dijo...

Esquecinme recoñecer e agradeceros o levar a responsabilidade da asociación de forma desinteresada, sei que sole resultar ingrato estar ó fronte de calquera actividade, o sei por experiencia, pero iso non está en cuestión, quen non asume responsabilidades nunca se equivoca. Por iso o meu mais sincero recoñecemento e apoio.
O cortés non quita o valente.
Saúdos