Chámanlle a "Marquesiña"
CHÁMANLLE A "MARQUESIÑA" e os seus peiños endexamáis
se calzarón.
Vai á fonte, depelica patacas e chámanlle a Marquesiña.
Non foi á escola por non ter chambra que pór, e chámanlle
a Marquesiña.
Non probóu máis lambetadas que unha pedra de zucre, e
chámanlle a Marquesiña.
A súa nai é tan probe que traballa de xornaleira na casa
do Marqués.
¡ E ainda lle chaman a Marquesiña !
( "COUSAS"- Castelao )
No hay comentarios:
Publicar un comentario