lunes, junio 01, 2009

Fotógrafo Minutero


Santiago Nicolas Núñez é o nome deste Fotógrafo que segue vivindo de facer fotos nas romarías e festas populares utilizando "o caixón" para fotografar e revelar as fotos no momento. Os que se adican a esta modalidade denomínanse "Fotógrafos Minuteros".
É todo un personaxe co que estiven charlando e fotografiando na recreación da antiga "Feira de Cuspedriños" o pasado domingo día 31 de maio.
Ten unha páxina Web: www.atrapainstantes.com

No hay comentarios: