miércoles, abril 22, 2009

Proposta de Vaipolorio por Amancio Castro



A asociación medioambiental VAIPOLORIO vai dar comenzo a unha nova campaña de catalogación biolóxica: A catalogación entomolóxica do ecosistema do rio Gafos.

Despois dunha experiencia piloto feita por Vaipolorio, catalogáronse 150 artrópodos no ano 2007 e outros tantos no 2008. Con estes datos pensamos, desde a Asociación, que é posible acadar os 1000 insectos diferentes, estimados no ecosistema; nun horizonte de dous ou tres anos máis. Froito deste trabllo obtivéronse fotos de 3 especies con diferentes tipos de protección ambiental. A recoñecida páxina ibérica INSECTARIUM VIRTUAL, felicitóunos pola localización de varias especies endémicas e de moi dificil localización. Participa ademáis Suso Requejo, prestixioso experto en lepidópteros que está elaborando o Atlas galego de bolboretas.

Os insectos teñen unha facultade que xa dexesarían moitos outros seres vivos; a vista dos seus ollos compostos. Así Vaipolorío quere facer unha campaña aberta a cidadanía en xeral para acadar o máximo de fotos posible de insectos, con independencia de que se teña experiencia entomolóxica ou non. (Cantas mái cámaras, mais ollos, mais fotos)

O calendario de saídas será moldeable. Cada participante entregará ao final un CD con todalas fotos identificalbles. Vaipolorío aproveitará o letargo invernal dos artrópodos para catalogalos e clasificalos.

Coordinan:

· Gonzalo Sancho .

· Juan lopéz

· Alejandro Mateos
saída ; sábado 25 de abril
lugar : estación de autobuses de Pontevedra
hora . 9 : 00h


Maís informac Tfno. : 675547499

No hay comentarios: