viernes, junio 29, 2012

FRED STEIN


«Fred Stein (1909-1967). A paixón do cotián».

Chegan a Pontevedra os fondos de Peter Stein, o fillo de Fred Stein, para presentar un dos grandes protagonistas da fotografía do século xx. Retratista recoñecido pola intelectualidade americana entre os anos corenta e sesenta, forma parte do grupo dos grandes autores que definiron o modo de facer e de entender a fotografía moderna xunto a Alfred Stieglitz, August Sander, Robert Capa ou Edward Weston. Pioneiro da imaxe urbana, coa súa cámara na man, as cidades de París e de Nova York convértense nas protagonistas da súa obra e, xunto a elas, os milleiros de persoas retratadas ao longo da súa carreira ata o seu pasamento en Nova York, cumpridos os 58 anos.

 Centro Cultural Novacaixagalicia Pontevedra – Café Moderno
 Ata o 29 de xullo


Se queres saber mais sobre Stein clika en:
http://www.fredstein.com/